18 julio 2015

NOIA AGRADECE LA VIDA ENTREGADA DE ANUNCIA CAMPO FI


Afecto, recuerdo, mucho cariño, testimonio, servicio, entrega muy muy muy gratuita... Ayer nos encontramos en Noia, en la iglesia de San Martín, para agradecer la vida de Anuncia Campo FI. Profesores, vecinos, amigos, Hijas de Jesús, niños... cuántas personas que repetían lo mismo. "Queríamos a Anuncia. La queríamos mucho". Y para mí, recién estrenada mi vida consagrada, toda una lección de vida y de sencillez.
Matilde Ballesteros FI la recordó con unas palabras bien hermosas. Aunque están en gallego, se entienden bien:



En nome da Congregación e da familia biolóxica de Anuncia, grazas a todos pola vosa presenza neste encontro de comunidade, de familia, para o que fomos convocados polo aprezo, cariño, sentido de solidariedade… Cada quen tsabe cales foron os seus motivos e sentimentos para achegarse.

Hoxe Anuncia deunos a oportunidade de celebrar que a vida, para os crentes, non remata coa morte, simplemente se transforma, segundo nos di S. Pablo. Quen ama está vivo para sempre. Non sabemos como, pero a nosa fe en Xesucristo énchenos con esta esperanza, aínda que vivamos con escuridades e sintamos a dor que provoca a ausencia dunha presencia física. Cousa normal.

Anuncia viviu a maior parte da súa vida como relixiosa xesuitina en Galicia: Vigo, A Coruña e, na última etapa, 24 anos aquí en Noia. Foi salmantina de orixe, pero sentiuse moi galega de corazón e moi de Noia.

Aquí traballou, conviviu e gozou. Repartiu e recibiu cariño. A vosa presenza confírmao.
Anuncia está aquí presente, celebrando a vida con nós, como o están tantos outros que xa nos precederon. Está dando grazas a Deus, -a Eucaristía é una celebración de acción de grazas-, polas oportunidades que tivo na súa estanza en Noia, para medrar como persoa  ao estilo de Xesús.

Na Congregación das Filllas de Xesús, das jesuitinas, temos un costume: cando morre unha irmá,  envíase  unha circular necrolóxica ás comunidades da Congregación de todo o mundo, na que se conta de qué forma se expresou na vida desa persoa  o ser seguidora de Xesús.

Se eu tivese que escribir esa carta, diría que, Anuncia puxo en práctica o que con palabras da nosa fundadora, recollidasse recolle  na nosa norma fundamental de vida: “Buscar máis o ben dos próximos que o propio benestar e utilidade persoal”.

Y esto é o que fixo Xesús: pensa nosdemás antes que en si mesmo, vivir pendiente dos demais. E isto Anuncia fíxoo con pequenos xestos de servizo na vida cotiá, con cercanía sinxeleza e con bo ánimo…

Na portería do colexio da Peña tivo moitas oportunidades: escoitaba, acompañaba, animaba, curaba,… Tanto é así, que os alumos, xa fosen pequenos o miores da ESO, ante algunas necesidades dicían: “vou a Anuncia”. E, aínda despois de máis de un ano de ausenza, ao longo deste curso non decían  vou á portería”, senón “vou a Anuncia”. Porque alí á parte dunha tirita ou una fotocopia, podía haber uns carameliños ou uns colins de pan cosque agarimar a algún neno que sufría porque se sentía mal, porque lle resultaba longa a espera de mamá...

Hai poucos días, una veciña de Barro dicíanos: Anuncia era algo noso…

Eu hoxe doulle grazas porque desde a sinxeleza puxo en práctica o evanxeo buscando facerlle ben aos demás.

No hay comentarios: